viernes, 29 de noviembre de 2013

...

Hoxe tiña que facer moitas cousas. Para empezar, madrugar. Pero non o fixen. Nin madruguei nin me puxen a currar cedo no ordenata. Ás doce aínda estaba empezando. En pixama, bata, despeluxada. A cociña dibuxaba unha morea de pratos, tixolas sucias, cubertos e todo tipo de utensilios acumulados. Almorcei cunha taza que atopei limpa e biscoito duro. Duro pero rico, con pepitas de chiculate e noces. E un plátano. O plátano mancha pouco. Ás doce aínda estaba empezando e ás doce e cuarto case que tamén. Non podía avanzar. E a cabeza dibuxada con moreas de cousas por facer. O mellor que puiden facer foi deixar o ordenata onde e tal e como estaba. Púxeno a cargar, estaba ao 1%. Púxenme as luvas de fregar e empecei a poñer orde na cociña. Desfixen o bonito debuxo que fixera onte con máis ben pouco esforzo. Fixen a cama. Ducheime, lavei os dentes, sequei o pelo co secador, desde que estou coa preñada fágoo sempre, antes máis ben nunca, e ata case fago unha lavadora, pero non había suficiente roupa sucia. O mellor que puiden facer porque cando algo se resiste, axuda facer todas esas cousas que tés pendientes e que non consisten en nada máis que poñerte diante e facelas. Ou desfacelas. Parece que o día cambia en vinte minutos. Ou algo máis. É a unha e vinte, case e media. Estou diante do ordenador de novo. Co mesmo traballo complicado por facer que cando me levantei. Ha, pero a cama feita.

No hay comentarios: